acanto
acanto
(< lat acanthu < gr ἄκανϴος ‘acanto’)
-
s
m
[PLANTA]
Herba perenne, de grandes follas que poden acadar os 60 cm, profundamente lobuladas, de cor verde escura, e flores brancas con veas purpúreas, agrupadas, xuntamente con brácteas espiñentas, nunha longa espiga terminal que pode acadar ata 1 m de altura. En Galicia aparece de forma naturalizada e emprégase contra as queimaduras e como diurético.
-
s
m
[DEC/ARQUIT]
Motivo vexetal conformado pola representación esculpida das follas da planta de acanto. Empregado na decoración de capiteis, fundamentalmente nas ordes corintia e composta, e ocasionalmente en franxas e molduras.