acaparador -ra

acaparador -ra

(< acaparar)

  1. adx e s

    Que ou quen acapara.

    Ex: A túa irmá sempre foi unha acaparadora e nunca se lembrou do benestar dos demais. Es un home tan acaparador que morrerás sen amigos a causa do teu egoísmo.

    Sinónimos: egoísta.
  2. s m

    Termo da xerga das palilleiras que designa o concepto ‘intermediario, quen compra os encaixes ás palilleiras para revendelos cunha alta ganancia’.

Palabras veciñas

acantopterixio | acantose | acantozoide | acaparador -ra | acaparamento | acaparar | acapnia