acaso

acaso

(< lat a casu ‘porcasualidade, accidentalmente’)

  1. s m

    Causa asignada a feitos ou acontecementos fortuítos dos que se descoñece a causa real e que son inexplicables dende o ámbito da razón.

    Ex: O acaso propiciou o noso reencontro.

    Sinónimos: casualidade, ventura.
  2. adv

    Denota a posibilidade ou dúbida daquilo que se di.

    Ex: Acaso chova mañá.

    Sinónimos: quizais.
  3. adv

    Forma empregada dentro de proposicións interrogativas negativas, xa dende o latín, de xeito enfático para indicar que o contido destas é certo e nas interrogativas afirmativas para negalo.

    Ex: Acaso non estaba vostede no lugar do crime? Acaso pensas que es o máis listo?

Frases feitas

  • Por acaso. De casualidade.

  • Por se acaso. Por prevención.

  • Por un se acaso. Polo que poida acontecer.

  • Se acaso. Quizais, se cadra.

Palabras veciñas

acarunchar | acasarado | acaseirado | acaso | acastañado -da | acastizar | acastroar