Accademia Nazionale dei Lincei

Accademia Nazionale dei Lincei

Principal academia de Italia. Fundada en Roma por Federico Cesi (1603) para o estudo das matemáticas, das ciencias naturais e da filosofía. Desapareceu en 1630, pero foi restablecida no ano 1801. En 1870 desdobrouse na Pontificia Accademia delle Scienze e na Reale Accademia Nazionale dei Lincei, que se incorporou á Accademia d’Italia en 1939. Logo da súa reestruturación, realizada no ano 1944, organízase en torno a dúas seccións: a de filosofía, historia e filoloxía, e a de física, matemáticas e ciencias naturais; cada unha delas ten setenta e dous membros. A súa biblioteca posúe aproximadamente medio millón de volumes (1999); edita nove publicacións periódicas.