aceda
-
s
f
[PLANTA]
Herbácea do xénero Rumex de follas alternas, inflorescencias erectas con flores de tres tépalos externos diminutos e tres internos anchos que na frutificación se endurecen e rodean o aquenio. En Galicia están presentes as especies: R. acetosa na que se distinguen dúas subespecies (R. acetosa acetosa, extendida en ambientes diversos, e R. acetosa biformis, endemismo da costa norte ibérica); R. acetosella en ambientes húmidos e areosos e R. bucephalophorus en ambientes rochosos e areosos costeiros. As follas consúmense en ensalada ou como condimento, polo sabor acedo que proporciona o oxalato presenta na planta.
Confrontacións: labaza. -
sal de aceda
[QUÍM]
Oxalato de hidróxeno e potasio, que se atopa na aceda. Cristais de gusto amargo e velenosos. Emprégase para sacar manchas de ferruxe e de tinta, para limpar madeira e para decolorar estearina.