acedo -da

acedo -da

(

  1. adx

    Que ten un sabor semellante ao do vinagre e ao do limón.

    Ex: O peixe sapo que preparou a túa nai resultou un pouco acedo polo mollo que lle botou.

    Sinónimos: agre.
  2. adx

    Persoa que non ten sentido do humor, que actúa con mala gana ou que é pouco amable cos demais.

    Ex: É unha persoa moi aceda e non dá pé a ningún tipo de brincadeira.

Palabras veciñas

acedar | acedeira | acedía | acedo -da | Acedo, Rodrigo, | Acedre | acedume