Aceixa

Aceixa
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe orixinaria do Castro de Aceixa nos arredores de Palas de Rei. As súas armas levan, en campo de prata (ou goles), tres pombas pardas ben ordenadas picadas e membradas de goles. A variante xenealóxica Aceixas leva no seu escudo, en campo de goles, tres pombas de prata ben ordenadas. Este apelido pode aparecer documentado tamén coas formas castelanizadas Aceija ou Aceijas.

Palabras veciñas

aceiteiro -ra | aceitoso -sa | aceituní | Aceixa | Aceixas | acelaico, ácido | Acelas