acerbo -ba

acerbo -ba

(< lat acerbu ‘aceiro, áspero, agre’)

  1. adx

    Que resulta áspero ao padal.

    Ex: Tiña un padal tan exquisito que moitas comidas lle resultaban acerbas.

    Antónimos: suave.
  2. adx

    Que resulta cruel ou doloroso.

    Ex: Levou unha vida moi acerba durante a súa estadía no cárcere.

  3. adx

    Que é unha persoa caracterizada polo seu ton incisivo ou falto de amabilidade.

    Ex: Para defenderse utiliza palabras acerbas.

  4. adx [ALIM]

    iño que presenta unha elevada acidez fixa, resultando amargo e áspero ao gusto. Aplícase aos viños verdes.

Palabras veciñas

Acerbaixán Occidental | acerbaixano -na | acerbidade | acerbo -ba | acerca | acercamento | acercar