Acevedos, ponte dos

Acevedos, ponte dos

Ponte situada sobre o río Umia na parroquia de Souto, no concello da Estrada. Trátase dunha ponte, cun van, con arco de medio punto e silueta alombada. A calzada foi ensanchada con posterioridade á súa construción no s XVIII. Forma parte do camiño de Ciquiril a Codeseda.

Palabras veciñas

Acevedo, Luís de | Acevedo, Pronunciamento de | Acevedo, Xosé | Acevedos, ponte dos | acevia | acevicho | acevo