Acha

Acha
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe vasca procedente do val de Llodio e de Oquendo. Membros desta caste loitaron na Batalla de Arrigorriaga no ano 870 contra o conde de Asturias, fillo de Afonso III o Magno. Unha rama desta estirpe pasou a Galicia, asentándose no val das Achas e en Aragón, onde cambiou a súa denominación pola de Acha. Cabaleiros desta familia entraron nas Ordes militares de Santiago e Carlos III. A casa do val de LLodio leva, en campo de goles, unha aciñeira ao natural, afroitada de goles colocada sobre rochas e sinistrada á altura da copa, de tres achas negras, coas coitelas de prata, manchadas de sangue; ao pé da aciñeira, un lobo de sable, empinado, sostendo coa súa gadoupa dereita a acha máis achegada á arbore. A casa do val de Oquendo trae, escudo cuarteado, onde o primeiro cuartel é de goles, con tres achas de sable, coas coitelas de prata, manchadas de sangue; o segundo, de ouro, con tres panelas de goles; o terceiro, de ouro, cunha aciñeira de sinople sobre rochas e saíndo da base do tronco un brazo armado con espada, todo de prata; e o cuarto, é de azur, con tres bandas de prata. A rama galega leva o mesmo escudo ca os de Aragón: en campo de ouro, unha aciñeira de sinople, arrimada de dúas caldeiras de sable e un lobo pasante de sable e lampasado de goles, atravesado ao pé do tronco; apoiada neste, unha acha co mango de goles e a coitela de prata.

Refráns

  • Acha tirada serve para racha.

Palabras veciñas

ACG | 1 acha | 2 acha | Acha | achaboucar | achacable | achacar