acidez

acidez

(< ácido)

  1. s f

    Calidade de ácido.

    Ex: A acidez do limón utilízase para quitar a graxa.

    Sinónimos: acedume.
  2. s f

    Calidade de mordaz.

    Ex: A acidez das túas respostas non te vai levar a ningures.

    Sinónimos: causticidade, mordacidade.
  3. s f [QUÍM/FÍS]

    Indicación cuantitativa das propiedades ácidas. A acidez dun ácido nun solvente anfiprótico, é dicir, a súa forza neste solvente, vén medida pola súa tendencia a ceder un protón ao solvente. Nas solucións acuosas, unha expresión numérica da acidez é o pH.

  4. acidez de estómago [PAT]

    Sensación de malestar estomacal producida por un exceso de ácido no zume gástrico.

    Sinónimos: acedía, acía, pirose.
  5. acidez do solo [XEOL]

    Grao de acidez do solo, debido á composición química da rocha base e ás condicións da evolución do solo.

Palabras veciñas

aciculita | acida | Acidalia | acidez | acidia | acídico -ca | acidífero -ra