acinético -ca

acinético -ca

(< a- + cinético < gr ἀ ‘sen’ +κίνησις‘movemento’ + -τικός ‘relativo a ’)

  1. adx [BOT]

    Que carece de movemento.

    Sinónimos: inmóbil.
  2. adx [BOT]

    Relativo ou pertencente aos acinetos.

  3. crise acinética [MED]

    Forma larvada de epilepsia que produce unha perda do ton postural.

Palabras veciñas

acinesia | acinestesia | Acineta | acinético -ca | acineto -ta | Acinetobacter | acinetospora