aclarado -da
(< aclarar)
-
p reg
de aclarar.
-
adx
Que está ben explicado e resulta doado de entender.
Ex: Estaba aclarada a súa postura e a partir de aí non houbo máis enfrontamentos entre eles.
-
s
m
[TÉXT]
Limpeza dun téxtil con auga para eliminarlle o xabrón.
Ex: A lavadora ten estragado o aclarado e non podo lavar.
-
s
m
[DEC]
-
Disipación ou eliminación daquilo que ofusca a claridade ou transparencia dalgún obxecto ou espacio.
-
Figura decorativa arrodeada dunha superficie cunha cor concreta.
-
-
s
m
[DEP]
En baloncesto, acción na que se posibilita que un xogador teña paso franco, nun un contra un, para iniciar a entrada a canastra.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase á figura do escudo que está rodeada dun campo ou espazo coloreado cunha determinada cor. Dise tamén dos diferentes ocos, portas ou ventás por onde penetra a luz nas figuras heráldicas (en castelos, torres, casas, vilas, etc).