acmeísmo
acmeísmo
s
m
[LIT]
Movemento poético ruso vangardista constituído a partir do 1911 oposto, no nome da concreción, ao simbolismo. Neste sentido, a orde, a claridade e o sentido pictórico sucederon á vaguidade e ao sentido musical. Nikolai Gumilov foi o seu incitador, sen embargo, os seus representantes máis sobranceiros foron Anna Akhmatova e Ossip Mandelstam.