acoirazado -da
(< coraza)
-
p reg
de acoirazar.
-
adx
Revestido dunha coiraza de placas de ferro ou aceiro que proporcionan protección.
Ex: Tiña todas as portas da casa acoirazadas por medo ós ladróns.
-
s
m
[BÉL/MAR]
Tipo de barco de guerra de gran tonelaxe no cal o armamento e a protección prevalecen sobre a velocidade e a autonomía. Desde os inicios da navegación mecánica foi o máis grande, pesado, armado e defendido de todos, e substituíu ao navío de antano na función do barco de liña. O uso da hélice permitiu instalar as máquinas e as caldeiras por debaixo da liña de flotación, onde a protección era completa, pero a posterior invención de proxectís explosivos fixo vulnerable a parte somerxible das naves e cómpre revestilas dunha coiraza ou blindaxe. Durante a Segunda Guerra Mundial, no que foron afundidos numerosos acoirazados, diminuíu o seu papel como eixe das flotas de batalla e foi substituído polo portaavións, se ben a mariña de guerra dos EE UU reactivou algúns no 1980, como bases de fogo flotante. Actualmente, ademais de dispoñer dunha artillería potente, están equipados con mísiles de diversos tipos e unha gran cantidade de canóns automáticos.
Ex: Os soldados embarcaron no acoirazado para dirixirse á zona de combate.