acolchado -da

acolchado -da

(< acolchar)

  1. p reg

    de acolchar.

    Ex: O sofá do salón era acolchado e moi cómodo.

  2. s m [TÉXT]

    Tecido ao que se lle coseu por dentro outra tea ou ao que se lle meteu recheo co obxecto de adornalo ou darlle máis consistencia e/ou abrigo. Os acolchados coñécense dende a Idade Media, cando aparecen nos xustillos dos cabaleiros e nas saias de inverno das señoras. Na actualidade empréganse os acolchados en nailon e poliéster en prendas deportivas e batas de casa e os recheos de plumas en chaquetóns de inverno denominados plumíferos.

    Ex: Levou ao xastre a cazadora para pórlle un acolchado que o amparase do frío.

  3. s m [ARQUIT]

    aparello.

Palabras veciñas

acoitelar | acolá | acolar | acolchado -da | acolchamento | acolchar | acoletar