acollido -da

acollido -da

(< acoller)

  1. p reg

    de acoller.

  2. adx

    Que é admitido nun determinado lugar e que recibe hospedaxe ou protección.

    Ex: O vello acollido está no asilo que hai á saída da cidade.

  3. s

    Persoa indixente que é acollida nunha institución de beneficencia.

    Ex: A cidade está chea de acollidos que viven das institucións.

    1. s f

      Acción e efecto de acoller.

      Ex: Cando se incorporou ó novo traballo tivo unha boa acollida por parte dos novos compañeiros.

      Sinónimos: acollemento.
    2. casa de acollida

      Lugar onde se dá protección física e psíquica ás persoas que, debido a problemas familiares, sociais ou económicos, acoden a este tipo de centros. En función dos individuos acollidos pódense distinguir varios tipos de centros de acollemento: para persoas con escasos recursos económicos, que viven en situacións de precariedade económica ou por debaixo do límite da pobreza (inmigrantes, excluídos sociais ou minorías marxinadas); para mulleres que sufriron diversas formas de violencia, como o maltrato físico e psíquico ou violacións; e nenos con problemas familiares (alcoholismo, drogadición, maltratos ou violacións) ou de separación paterna que son acollidos en situación de preadopción.

Palabras veciñas

acolleito -ta | acollemento | acoller | acollido -da | acolmeirar | acoluria | acomedar