acoramento
acoramento
(< acorar)
-
s
m
Asfixia ou falta de respiración momentánea.
Ex: Sufriu un repentino acoramento ó coñecer que a escolleran como finalista do premio de narrativa.
Sinónimos: abafo, acoro, afogamento, afogo, atafego, sufocación. -
s
m
Coloración da cara nunha persoa por mor dunha difícil respiración.
Ex: Os primeiros minutos de conferencia sempre lle producen un grande acoramento.
Confrontacións: rubor. -
s
m
O que sofre intranquilidade ou sufrimento por algo que lle resulta preocupante.
Ex: Non lle gusta asisitir ós combates de boxeo porque lle provocan acoramento.