Açores, anticiclón dos

Açores, anticiclón dos

Área anticiclónica, que forma parte da faixa de altas presións subtropicais do hemisferio norte, ocupada por unha masa de aire relativamente cálida e húmida, centrada habitualmente sobre a rexión atlántica dos Açores. É un dos factores do tempo que inciden na Península Ibérica e, polo tanto, en Galicia. Cando domina impide o paso da Fronte Polar. No inverno orixina estabilidade, ausencia de precipitacións e temperaturas baixas. No verán afecta a todo o occidente europeo ata o S das illas Británicas, provocando días secos e soleados.