ACP
ACP
[BIOQ]
Sigla das palabras inglesas acyl carrier protein, que designa unha proteína transportadora de radicais acilo que intervén na biosíntese dos ácidos graxos. O seu grupo activo é a fosfopanteteína.