Acra Leuqué

Acra Leuqué

ou Akra Leuké Nome grego (‘o promontorio branco’) do asentamento militar fundado por Amílcar Barca no 231 a C, do que se coñece o nome por unha única inscrición grega. De localización incerta, certos autores quixérono identificar coa cidade de Alacant, ben que sen unha sólida base, ou coas ruínas próximas ao outeiro de Manises. Perdeu importancia coa creación de Cartago Nova (Cartagena).

Palabras veciñas

Acquaviva, Claudio | acquis communautaire* | acr(o)- | Acra Leuqué | acracia | acrandria | acrania