acridínico -ca

acridínico -ca

(< acridina)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente á acridina.

  2. colorante acridínico [QUÍM/IND]

    Colorante sintético básico que ten na súa molécula o núcleo da acridina. Os colorantes acridínicos comprenden amarelos, laranxas e castaños e empréganse sobre todo para a tinguidura do coiro. Non son fabricados a partir da acridina, senón por condensación de aldehidos ou ácidos con diaminas aromáticas. Algúns deles empréganse como colorantes e outros son de importante aplicación en medicina.

Palabras veciñas

acrídido | acridiforme | acridina | acridínico -ca | acridófago -ga | acridona | acriflavina