acta
(
-
s
f
[ARQUIV]
Conxunto homoxéneo de documentos ou escritos.
-
[DER/ARQUIV]
-
s
f
Documento formal que constata un feito, unha convención, unha obriga, unha deliberación, un acordo ou unha manifestación de vontade a fin de que quede constancia. As leis regulan diferentes tipos de actas, con diversas formalidades para cada unha delas. Daquela, teñen que constar en acta os acordos e deliberacións dos organismos públicos e dos privados, os feitos transcendentes para o estado civil das persoas (nacemento, matrimonio, pasamento e outros) aqueles que se deriven da súa relación coa administración (pagamento da indemnización no caso de expropiación, inspeccións tributarias, etc) ou das actuacións xudiciais e semellantes.
-
acta notarial
Documento formal estendido por un notario. A lei establece que os actos xurídicos sexan formalizados en acta notarial (testamentos, merca e venda de predios capítulos matrimoniais, hipotecas e semellantes).
-
s
f
-
acta de partido
[DEP]
Documento no que se inscriben os participantes (xogadores, adestradores, delegados, árbitros e xuíces) nun encontro deportivo dunha competición oficial. Nela fanse constar as incidencias do mesmo que poidan ter transcendencia para as clasificacións do campionato (resultados parciais e final do partido, sancións disciplinarias e observacións).
-
acta diurna
[HIST/ADM]
Acta do Senado da República romana; dende a época de Xulio César (ó redor do 59 a C), comunicados verbais dos decretos senatoriais.
-
acta conciliorum
[RELIX]
Actas dos procesos verbais das sesións conciliares. A colección máis completa, Conciliorum nova et amplissima collectio (1750-1798), débese ao impresor italiano Mansi.
-
acta electoral
[POLÍT/ARQUIV]
-
Documento no que se deixa constancia dos resultados e das incidencias dunha elección.
-
Certificado onde consta a elección dunha persoa para un cargo.
-
-
acta martyrum
[ARQUIV/RELIX]
Relatos auténticos do xuízo e morte de mártires cristiáns dos tres primeiros séculos. Consérvanse só unha vintena. Divídense en dúas categorías: procesos verbais do xuízo rexistrados polo notario público (acta proconsular) e relatos escritos ou completados polos cristiáns presentes no xuízo e morte. Os únicos desta clase conservados na Península Ibérica son as actas de Frutuoso, Bispo de Tarragona, e as de Augurio e Euloxio, diáconos seus martirizados no 259.
-
acta proconsular
[ARQUIV]
Proceso verbal dun xuízo rexistrado polos taquígrafos do tribunal proconsular. Son de moito interese as dalgúns mártires dos ss II e III, dos que só uns dez son auténticos.