actinomicose
actinomicose
-
s
f
[BOT]
Enfermidade da pataca producida polo actinomiceto Streptomyces scabies, coñecida tamén como sarna da pataca.
-
s
f
[PAT]
Enfermidade producida por diversas especies de bacterias da orde das actinomicetais que aparece nos bóvidos e se transmite ao home. Localízase na pel e nos tecidos fondos da rexión cervicofacial e das vísceras.