actio*
actio*
-
s
f
[LIT]
A actio ou pronuntiatio é a quinta parte da retórica, trala inventio, a dispositio, a elocutio e a memoria. Consiste na posta en escena do discurso ante o auditorio e ten como finalidade captar a atención dos destinatarios ou producir o deleite destes. A actio incluía todo o relacionado coa voz e o corpo. Quintiliano foi o único que considerou a súa importancia e elaborou na Rhetorica ad Herennium un completo estudo da dicción do orador, que debía ser correcta e clara, e do xesto, que debía apoiar a significación do texto.
-
s
f
[DER]
Xeito de facer valer un dereito nun proceso ( acción).