acupuntura

acupuntura

(< lat acus ‘agulla’ + puntūra ‘punción’)

s f [MED]

Práctica terapéutica da medicina tradicional chinesa, consistente na inserción de agullas finas en determinados puntos do corpo humano. Segundo o esquema anatómico tradicional oriental, o corpo é percorrido por doce condutos (jing, comunmente traducidos por ‘meridianos’) que comunican os diferentes órganos entre si, e por onde circula en sentido único o sangue, impulsado polo pneuma ou alento vital (qi), o ying e o yang ( ying-yang). Unha deficiente circulación destas enerxías vitais afecta aos órganos correspondentes e comporta consecuentemente doenzas. A aplicación de agullas sobre algún dos 145 puntos de inserción ou cavidades (kongxue) restablece o equilibrio circulatorio e leva á curación. A obra fundamental sobre a acupuntura é o Zhenjiu dacheng (Gran tratado de acupuntura, 1657), escrito por Yang Jizhou na época Ming.

Palabras veciñas

acuosidade | acuoso -sa | acuostato | acupuntura | acurralado -da | acurralador -ra | acurralamento