adamismo

adamismo

(< Adán)

s m [RELIX]

Pequena seita cristiá do s II d C, promovida por Epifanio e Agostiño, que predicaba o retorno á primitiva inocencia de Adán. Os adamitas practicaban o nudismo, como proba de completa liberdade, e a promiscuidade sexual, xa que proscribían o matrimonio para non perpetuar o pecado orixinal. No s XIII a seita reapareceu en Austria e Bohemia animada polos luciferianos e no s XV os irmáns do espírito ceibe, que foron aniquilados no ano 1421, admitían o adamismo primitivo.

Palabras veciñas

Adamello | Adami, Valerio | adámico -ca | adamismo | adamita | adamita | adamítico -ca