Ademar

Ademar
[ONOM]

Nome formado polo xermánico athal ‘nobre’ e marus que ás veces se presenta como mereis, latinizado en mirus ‘célebre, sonado’. Hai unha hipótese que sostén que o noso santo Amaro está relacionado con esta mesma base xermánica; sen embargo, outras hipóteses manteñen que ten outra orixe diferente. Neste último caso, Ademaro quedaría só como o nome dun abade beatificado da Orde de Cluny do s X. A   festa celébrase o 5 de outubro ou o 12 de setembro.

Palabras veciñas

ademais | ademais | ademán | Ademar | Ademar | Ademar | Ademar de Chabannes