adenílico, ácido

adenílico, ácido
[BIOQ]

Nome dos tres nucleótidos isómeros, ésteres monofosfóricos da adenosina, que se identificaron nos tecidos dos seres vivos e que só difiren pola posición do hidroxilo da ribosa que se encontra esterificado. O ácido 2’-adenílico e o ácido 3’-adenílico forman a mestura coñecida polo nome de ácido adenílico do lévedo. O ácido 5’-adenílico é coñecido como ácido adenílico do músculo e encóntrase nos tecidos animais.

Palabras veciñas

Adenet, o Rei | Adenia | adenilciclasa | adenílico, ácido | adenina | adenite | adenocarcinoma