adherencia
(< lat adhaerentĭa)
-
s
f
Feito de adherir ou de estar adherido.
Ex: O chan da cociña non amosa grande adherencia e esvárase a miúdo.
Sinónimos: adhesión. -
s
f
Calidade de adherente.
Ex: A cola para madeira que merquei tiña moita adherencia.
-
s
f
Acción de sumarse a unha proposta ou reivindicación que propugna unha persoa ou un grupo de persoas.
-
s
f
[BOT]
Soldadura íntima ou parcial entre dúas estruturas veciñas, pertencentes ou non ao mesmo verticilo.
-
s
f
[PAT]
Soldadura entre dous órganos ou superficies, formada por fibrina que aparece como resultado dunha inflamación.
-
s
f
[TRANSP]
Resistencia que opón o deslizamento entre as rodas dun vehículo en movemento á superficie sobre a que se moven, como a estrada, vía ou semellante. Gracias a esta forza o vehículo pode avanzar e frear segundo lle conveña.
-
adherencia dun conxunto de puntos
[MAT]
Conxunto de puntos adherentes ao conxunto primitivo.
-
adherencia ática
[PAT]
Adherencia producida entre a vexiga da bile e o píloro.