ADO
ADO
[DEP]
Sigla do programa de Axuda ao Deporte Olímpico, establecido polo Consello Superior de Deportes do Goberno español co obxectivo de mellorar os resultados dos seus deportistas nas competicións internacionais. Púxose en marcha na XXIV Olimpiada, (Seúl 1988), co horizonte posto nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. A partir de entón renovouse nos seguintes ciclos olímpicos, artellándose en base a subvencións ás federacións por unha parte, e bolsas aos deportistas, por outra, sempre en función das súas clasificacións nos torneos internacionais oficiais.