adoito -ta

adoito -ta

(< lat edoctu < e + docere‘ensinar’)

  1. adx

    Que está habituado a facer algo.

    Ex: Está adoito ós perigos, ademais goza das situacións de risco.

  2. adx

    Aquel que, pola experiencia acadada nun determinado ámbito, amosa destreza, habilidade e enxeño en facer algunha cousa.

    Ex: É adoito nas artes culinarias.

  3. adv

    Con frecuencia, como sempre.

    Ex: Almorzou cereais con leite como fai adoito.

    Sinónimos: decote.

Palabras veciñas

adoelado -da | Adoelar | adoitar | adoito -ta | Adokín | adolescencia | adolescente