Adonai
Adonai
[RELIX]
Apelativo de orixe oriental que significa ‘señor’. Era o termo empregado por todos os pobos semitas, entre eles os hebreos, ao deus principal do panteón. Este apelativo, que era descoñecido no mundo helénico, comezouse a introducir en Occidente coa entrada dos cultos orientais.