Adonis

Adonis
[MIT/RELIX]

Divindade mitolóxica dos pobos mediterráneos. Simboliza a morte e a resurrección periódica da natureza, sendo a encarnación da primavera. Os rituais de Adonis, as   adonías, relacionados co equinoccio de primavera e co solsticio de verán, insírense dentro dos ritos de fertilidade. Orixinado en Siria e en Fenicia, o culto a Adonis, despois de terse modificado en Exipto e en Chipre, foi adoptado polos gregos. Na mitoloxía grega foi un personaxe de gran beleza, disputado por Afrodita e por Perséfone. O simbolismo floral e o mesmo mito de Adonis foron tema de obras artísticas, como o poema L’Adone, de Giambattista Marino (1623).

Palabras veciñas

Adonías | adónico -ca | adonis | Adonis | adopción | adopcionismo | adopcionista