adornar
adornar
(< lat adornāre < ad‘a’ + ornare ‘preparar’)
-
v t
Gornecer algunha cousa de ornamentos ou accesorios que a embelecen.
Ex: Temos que adornar o salón para recibir os invitados.
Sinónimos: adobiar, enfeitar, engalanar. -
v pron
Prepararse unha persoa con adobíos para mellorar o seu aspecto e embelecerse.
Ex: Sabela adornouse para asistir á voda.
-
v i
Servir unha cousa para darlle aspecto máis agradable a outra na que está e así volvela atraente e interesante.
Ex: As flores adornan moito.