adquisición
(< adquirir)
-
s
f
-
Conseguir ou chegar a ter algo.
Ex: A adquisición do cadro significou un forte desembolso económico.
Sinónimos: compra, consecución, obtención. -
Cousa adquirida ou que se obtén en compra.
Ex: Sen dúbida, esta estatua, foi unha boa adquisición.
Sinónimos: compra.
-
-
s
f
[DER]
Atribución a unha persoa dunha cousa, dun dereito ou dunha obriga que antes non tiña.
-
novas adquisicións
[ARQUIV]
Lista ou catálogo dos libros que foron ingresados novos no fondo dunha biblioteca.
-
adquisición de herdanza
[DER]
Acto xurídico polo cal quen se nomea nunha herdanza fai seus os bens que lle son asignados e incorpóraos ao seu patrimonio. Desenvolvéronse dous sistemas para adquirir a herdanza: o xermánico, no que o herdeiro non ten que realizar ningún acto para adquirir os bens herdados; e o romano, no que hai un acto xurídico de aceptación de herdanza. O dereito español mantén o criterio romano.
-
adquisición lingüística
[LING]
Aprendizaxe dunha lingua.