Adro, teatro do

Adro, teatro do

Compañía profesional creada en Santiago de Compostela en 1994, ano no que presentaron o seu primeiro espectáculo, Petición de man de A. Čekhov, dirixido por María Armesto. Tres anos máis tarde estrearon Nano, baseado na novela de Suso de Toro Tic-tac, dirixido por Cándido Pazó e interpretado por Xosé A. Porto, co que acadaron os premios María Casares á mellor Dirección, á mellor Adaptación e ao mellor Actor Protagonista en 1998.

Palabras veciñas

Adro | Adro Vello, necrópole do | Adro, O | Adro, teatro do | Adrobica | adscribir | adscrición