ad valorem

ad valorem
  1. loc

    Expresión latina que significa ‘segundo o valor’, designación dun imposto de fronteiras en proporción do valor das mercadorías declaradas.

    Ex: Temos que pagar as taxas ad valorem.

  2. dereitos ad valorem [COM]

    Tarifa que grava as mercadorías importadas sometidas a arancel, calculada segundo o prezo que estas terían no mercado interior, en condicións de libre competencia entre un comprador e un vendedor independentes.

Palabras veciñas

ad litteram | ad referendum | ad rem | ad valorem | ad- | Ada | Adá