adxacente
adxacente
(< lat adiăcente < adiacĕre ‘xacer xunto a, estar próximo’)
-
adx
Que están situados espacialmente próximos, un ao lado do outro.
Ex: A beirarrúa sitúase sempre adxacente ós edificios.
-
ángulos adxacentes
[MAT]
Aqueles que teñen o mesmo vértice e un lado común que os separa.