adxectivo -va
(< lat tardío adiectīvu < ădicere‘engadir’)
-
adx
Aquilo que existe só noutras ou por outras cousas e non de xeito independente; son pois adxectivos as calidades, as accións, os estados, os fenómenos, etc. Por exemplo o adexectivo fermoso é un adxectivo que ten relación coa beleza.
-
-
s
m
[LING]
Categoría gramatical que, dentro dunha oración e nun conxunto nominal, ten como función ordinaria complementar un substantivo. Os gramáticos greco-latinos non facían distinción entre substantivo e adxectivo, ambos constituían a categoría do nome ὅνομα - nomen. Durante a Idade Media introduciuse a distinción entre nomen substantivum e nomen adiectivum. Girard (1774) e Bodmer (1768) iniciaron a consideración do adxectivo como categoría independente. Aplicado á cousa designada polo substantivo que completa, expresa unha calidade, ou ben determina ou limita a extensión deste substantivo: precisa cunha nota a significación do substantivo e caracterízase pola súa dependencia respecto deste. Segundo como o adxectivo complete o substantivo, pódense clasificar en dous grupos esenciais: adxectivos cualificativos, que expresan a calidade do nome ao que se refiren -e, ao mesmo tempo determínano-, calidade que pode ser intrínseca ao substantivo (un coche vermello), pode referirse á situación do substantivo (o propio día), ou ben pode facer referencia a un comportamento do substantivo (unha muller temerosa); e adxectivos determinativos ou pronominais (a calidade adxectival destes é moi dubidosa), que limitan a extensión do nome, sen calificalo, pero engadíndolle diversas notas (este neno, o meu pai). Hai unha diferenza semántica entre adxectivo cualificativo e determinativo: o primeiro achega unha materia nova no enunciado onde se atopa; o determinativo só sitúa o substantivo en relación co espacio, coa persoa ou co tempo. O adxectivo determinativo pode ser demostrativo, posesivo, interrogativo, relativo, numeral, cuantificador e indefinido. O adxectivo ten como accidentes o xénero, o número e o grao (este último propio unicamente dos cualificativos).
-
adxectivo cualificativo
[LING]
Palabra que acompaña ao nome para expresar algunha calidade da persoa ou cousa designada.
-
adxectivo comparativo
[LING]
Aquel que denota comparación.
Ex: maior, menor.
-
adxectivo determinativo
[LING]
Aquel que non cualifica o nome.
-
adxectivo numeral
[LING]
Aquel que significa número.
Ex: catro, terceiro, medio, dobre, etc.
-
adxectivo ordinal
[LING]
Aquel numeral que expresa a idea de orde ou sucesión.
Ex: primeiro, sétimo, etc.
-
adxectivo positivo
[LING]
Aquel de significación absoluta ou simple, a diferencia do comparativo e superlativo.
Ex: pequeno respecto de menor, mínimo, pequenísimo, etc.
-
adxectivo verbal
[LING]
Participio en función adxectiva, que non perdeu totalmente a súa natureza verbal.
-
adxectivo xentilicio
[LING]
Aquel que designa a xente, nación ou patria das persoas.
Ex: redondelán, galego, europeo.
-
adxectivo superlativo absoluto
[LING]
O que designa o sumo grao da calidade que con el se expresa.
-
adxectivo superlativo relativo
[LING]
Aquel que asigna o grao máximo ou mínimo da calidade a unha ou varias persoas ou cousas en relación coas demais dun conxunto determinado.
Ex: O máis xeneroso dos compañeiros.
-
nome adxectivo
[LING]
Adxectivo.
-
s
m
[LING]
-
adx
[IND/TÉXT]
Colorantes indirectos, por oposición a colorante substantivo, que en tinturería precisan dunha substancia auxiliar, chamada mordente, para podérense fixar sobre a fibra. Polo xeral, dan á tintura unha solidez moi superior da obtida cos colorantes substantivos ou directos.
-
color adxectivo
[QUÍM]
Color que necesita doutras substancias para fixarse sobre os tecidos.