Aegilops

Aegilops
[PLANTA]

Xénero de herbáceas da familia das gramíneas, con inflorescencias de espiguiñas illadas e sentadas de tres ou catro flores, glumas iguais e ata catro aristas no ápice. En Galicia aparecen en ambientes secos da área mediterránea as especies A. geniculata e A. triuncialis.

Palabras veciñas

aedios ou aedii | aedo | AEG | Aegilops | Aegithalos | Aegyptopithecus | Aehrenthal, Alois