aéreo -a

aéreo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao aire.

    Ex: A navegación aérea é un dos medios de transporte máis cómodos e seguros.

  2. adx

    Lixeiro, vaporoso, de pouco peso ou entidade.

  3. adx [AERON]

    Relativo ou pertencente á aeronáutica.

    Ex: A correspondencia internacional utiliza o correo aéreo.

  4. adx [BOT]

    Dise do órgano que crece no aire, en lugar de facelo na auga ou na terra, como raíz aérea, talo aéreo e outros.

  5. adx [FILAT]

    Selo emitido para correspondencia por avión.

  6. conduto aéreo [ANAT]

    Dise do conduto que leva aire aos pulmóns.

Palabras veciñas

aer(o/i)- | aeremia | aerénquima | aéreo -a | aerícola | aerífero -ra | aeriforme