aeróbic*
aeróbic*
s
m
[DEP]
Modalidade de ximnasia sueca, difundida dende os EE UU, baseada nunha serie de exercicios rápidos con acompañamento musical que constitúen unha coreografía. Os exercicios están deseñados para traballar os grupos musculares e, principalmente, mellorar a resistencia aeróbica. Adoita practicarse en espacios interiores (ximnasios) e en grupos baixo a dirección dun monitor. Cando se practica en competición, denomínase fitness.