aerodinámico -ca

aerodinámico -ca

(< aero- + dinámico < gr ἀήρ, ἀέρος ‘ar’ +δύναμις ‘forza’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á forza dos gases en movemento.

  2. adx [FÍS]

    Relativo ou pertencente á influencia do aire sobre un corpo en movemento.

    Ex: Dotaron ó novo invento de elementos aerodinámicos.

  3. s f [FÍS]

    Rama da física que estudia os fenómenos que se producen en todo movemento relativo entre un corpo e un fluído (gas ou aire). A aerodinámica estudia os movementos subsónicos, se o corpo se despraza a unha velocidade inferior á do son no medio, e os movementos supersónicos, se é superior. Un instrumento básico para as medidas aerodinámicas é o túnel aerodinámico (subsónico, supersónico ou hipersónico). Hai ensaios aerodinámicos que deben facerse na atmosfera libre, xeralmente facendo correr sobre raís os corpos en estudio. Os estudios aerodinámicos son aplicados ás aeronaves, aos avións, vagóns de tren e automóbiles, para minimizar a resistencia do aire e aumentar así a velocidade e reducir o consumo de combustible.

    Ex: Concluíu xa a súa tese sobre aerodinámica.

  4. adx [FÍS/TRANSP]

    Dise da forma afusada ou perfilada dun corpo, especialmente dun vehículo, que lle permite reducir a resistencia que o fluído no que se move opón ao seu desprazamento.

    Ex: O deseño aerodinámico dese novo coche faino correr máis.

  5. túnel aerodinámico [FÍS]

    Cavidade, xeralmente tubo, empregada para facer circular aire a diferentes velocidades, co fin de determinar os parámetros aerodinámicos dun corpo que se lle introduce. Estes parámetros: son a presión exercida arredor do corpo, a temperatura que hai, os esforzos a que é sometido en función da velocidade relativa entre o aire e o corpo, e as condicións de valeirado.

Palabras veciñas

aerocolia | aerocondensador | aerodina | aerodinámico -ca | aerodistorsión | aeródromo | aerodrónimo