aerófono -na

aerófono -na

(< aero- + -fono < gr ἀήρ, ἀέρος ‘ar’ + ϕωνή ‘voz’)

  1. s m [FÍS]

    Aparello que amplifica a voz, inventado por Edison (1878). Está constituído por tres membranas vibrantes, un aparello produtor de aire comprimido e unha trompa de resoancia.

  2. adx [MÚS]

    Na moderna clasificación organolóxica, dise dos instrumentos de música nos que o son se produce por vibración dunha columna de aire limitada ao entrar en vibración todo o aire que pasa a través do instrumento.

Palabras veciñas

Aeroflot | aeroflotación | aerofobia | aerófono -na | aeróforo | aerofotografía | aerografía