aeroloxía

aeroloxía

(< aero- + -loxía)

s f [METEOR]

Parte da meteoroloxía que estudia a atmosfera libre (arredor dos 3.000 m). A aeroloxía é a base da previsión meteorolóxica, polo tanto, da navegación aérea. A palabra foi cuñada por Wladimir Köppen no 1906 como aerologie.