aerotermo

aerotermo
s m [FÍS/TECNOL]

Aparello aerotérmico no que o aire -quentado por un forno, vapor de auga, auga quente ou resistencias eléctricas- é impulsado por un ventilador que o proxecta cara aos lugares que cómpre quentar, a diferenza dunha estufa ou radiador, nos que o movemento do aire é por convección simple.