afídido -da
afídido -da
(< Aphis, -idos ‘pulgón’)
-
adx
[ANIMAL/ENTOM]
Relativo ou pertencente aos afídidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos afídidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos da suborde dos homópteros, pequenos, fitófagos, de ciclo biolóxico complexo, que comprende individuos alados ou ápteros, vivíparos ou ovíparos, con fases partenoxenéticas. Os representantes máis coñecidos son os pulgóns, moi prexudiciais para os vexetais.