afirmar

afirmar

(< lat affirmāre‘consolidar’)

  1. v t

    Declarar como certo, soster que algo é verdade.

    Ex: No xuízo afirmou que el non tiña nada que ver no asasinato. Afirma que é neto do premiado e que polo tanto correspóndelle parte.

    Sinónimos: asegurar, aseverar. Antónimos: negar.
  2. v t

    Facer firme, poñer segura unha cousa.

    Ex: Afirmou un espeto no chan para marcar o linde.

    Sinónimos: asegurar, suxeitar, fincar.
  3. v t

    Dar máis firmeza ou seguridade a algo.

    Ex: Afirmou a súa tese con novas teorías. Afirmou ó director xeral no seu cargo, a pesar dos problemas que tivera.

    Sinónimos: afianzar.
  4. v pron

    Manterse firme nunha decisión ou nunha idea que se mantén con insistencia.

    Ex: Cada día afirmábase máis na súa idea de facer unha casa. Afirmouse no anteriormente dito, coa conseguinte oposición dos demais.

    Sinónimos: porfiar.
  5. v t [MAR]

    Nas embarcacións que arboran un aparello de cruz, manobra de recollida dos brazos de barlovento coa fin de que ao cinxir as vergas non traballen sobre a cruz.

Palabras veciñas

afiónido | afiridoiro | afirmación | afirmar | afirmativo -va | afitar | afiunzar
Conxugar
VERBO afirmar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmo
afirmas
afirma
afirmamos
afirmades
afirman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmaba
afirmabas
afirmaba
afirmabamos
afirmabades
afirmaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmei
afirmaches
afirmou
afirmamos
afirmastes
afirmaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmara
afirmaras
afirmara
afirmaramos
afirmarades
afirmaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmarei
afirmarás
afirmará
afirmaremos
afirmaredes
afirmarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmaría
afirmarías
afirmaría
afirmariamos
afirmariades
afirmarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirme
afirmes
afirme
afirmemos
afirmedes
afirmen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmase
afirmases
afirmase
afirmasemos
afirmasedes
afirmasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmar
afirmares
afirmar
afirmarmos
afirmardes
afirmaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
afirma
-
-
afirmade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afirmar
afirmares
afirmar
afirmarmos
afirmardes
afirmaren
Xerundio afirmando
Participio afirmado
afirmada
afirmados
afirmadas