afonsismo
(< Rei Afonso)
Adhesión á causa monárquica dalgún dos reis españois chamados Afonso. O termo empregouse especialmente durante o Sexenio Revolucionario de 1868-1874 para designar a corrente política que defendía a restauración da monarquía na figura de Afonso de Borbón, fillo da deposta Raíña Isabel II e do futuro Afonso XII, en oposición ao carlismo, ao republicanismo e aos que defenderon a opción monárquica representada por Amadeo de Savoia. O representante político do afonsismo foi Cánovas del Castillo. Os afonsinos, que coordinaron a súa acción dende o momento do destronamento de Isabel II e o seu exilio a Francia, unificaron as distintas faccións monárquicas; convenceron a Isabel de que renunciara aos seus dereitos a prol do seu fillo -o que inicialmente non admitía a Raíña-; e buscaron o apoio da alta oficialidade do exército, que se levantara en varias ocasións para proclamar a Afonso Rei de España coa oposición de Cánovas, quen era partidario dunha transición pacífica e de xeral acordo.